Ciencia Ciudadana en Voz Natura: Natusfera

Xa temos falado en varias ocasións no blog dos proxectos de ciencia cidadá  e  da cantidade de proxectos que se están desenvolvendo na actualidade. Tanto, que vamos crear unha categoria propia en Blognatura baixo este epígrafe.

O que realmente é  unha gran noticia para os centros Voz Natura, é que podemos usar multitude de apps para crear o noso propio proxecto de ciencia cidadá ou sumarnos a un dos existentes. Por exemplo Natusfera, unha adaptación de iNaturalist desenvolvida polo CREAF.

Por que non colaborar cos nosos alumnos e alumnas na identificación de plantas e animais? Desde a páxina web  http://natusfera.gbif.es/  podemos aportar datos sobre biodiversidade:  identificar e que nos axuden a identificar especies, axudar aos científicos a obter datos sobre aa distribución de especies e convertirnos en verdadeiros científicos cidadáns, contribuíndo a proxectos que nos interesen, ou creando os nososs.

Xa nos contaredes experiencias!!

 

Marcar como favorito enlace permanente.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *