Archivo para febrero 26th, 2018

As Hortas e os Contos

lunes, febrero 26th, 2018

Desde o blog “A horta de Ana” do colexio Mariano responden ao post sobre animación á lectura dentro do Proxecto Voz Natura con unha sorpresa: “As hortas e os contos”, unha selección de recursos lectores para o profesorado de Primaria e Infantil onde con breves reseñas nos recomendan lecturas  sobre temas  como as hortas comunitarias urbanas, literatura infantil medioambiental portuguesa e, sobre todo, os contos realizados por alumnos e alumnas unha proposta moi interesante para facer dos blogs unha pequena biblioteca virtual, engadindo unha páxina en wordpress con este propósito.

Parabéns pola iniciativa!

ojd