Archivo para febrero, 2018

As Hortas e os Contos

lunes, febrero 26th, 2018

Desde o blog “A horta de Ana” do colexio Mariano responden ao post sobre animación á lectura dentro do Proxecto Voz Natura con unha sorpresa: “As hortas e os contos”, unha selección de recursos lectores para o profesorado de Primaria e Infantil onde con breves reseñas nos recomendan lecturas  sobre temas  como as hortas comunitarias urbanas, literatura infantil medioambiental portuguesa e, sobre todo, os contos realizados por alumnos e alumnas unha proposta moi interesante para facer dos blogs unha pequena biblioteca virtual, engadindo unha páxina en wordpress con este propósito.

Parabéns pola iniciativa!

Edición de vídeo

jueves, febrero 22nd, 2018

Desde a publicación do post do pasado martes, non paramos de  recibir suxestións de que publiquemos algúns titoriais sobre edición de vídeo.

Desde logo non encontramos mellores recursos que os que comparte Xacobo de Toro do IES Urbano Lugrís en Malpica, na sua canle TIC TAC de formación de profesores. Explicacións clariñas e axustadas ás nosas necesidades de aula e contando coa motivación total do alumnado.

Para animalos, traemos as  recomendacións do alumnado do IES Urbano Lugrís de Malpica

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

, e… ainda estades a tempo de presentar  o voso vídeo a  Youtubeiras.

Ambitubers Voz Natura

martes, febrero 20th, 2018

Están de moda. Como vertente literaria dos “book hauls” (aqueles rapaces e rapazas que promocionaban en Yotube as suas compras) , os booktoubers comparten os seus gustos literarios na rede, tanto para mostrar as súas preferencias de lectura, como as súas manías cando os colocan na estantería,as portadas favoritas etc. E non con pouco impacto, algúns deles teñen máis de un millón de seguidores!

Traemos ao blog a unha booktubeira galega:

embedded by Embedded Video

 Marabillosa, non si?

O que está claro é que os xovenes son fans dos vídeos e nós tamén podemos aproveitar este tirón para animalos a compartir as suas lecturas medioambientais e indo un pouco máis alá:

Que tal animalos a compartir en vídeos cortiños feitos por eles o seu labor polo cuidado do medio ambiente xa sexa como estudante ou como cidadán?

Probemos, seguro que nos sorprenserán como sempre.

E para integralo na programación de aula desde A profa , a páxina web de Pilar Ponte, nos deixan este fantástico recurso con rúbrica de avaliación incluida.

Esperamos o voso feedback!!

 

O Entroido nas aulas Voz Natura

viernes, febrero 16th, 2018

Ainda cun anaco de orella nas máns, terminmos  unha semana moi cotiña pero intensa e colorida.

O entroido é unha das festas que máis se celebra en Voz Natura por dous motivos que se conxugan á perfección: o patrimonio e a reciclaxe, pero tamén por un nexo común nas nosas escolas, a ledicia e a festa.

Así, os nenos e nenas disfrazáronse  dos diferentes oficios tradicionais galegos: costureiras, labregos,leiteiras, zapateiros, lavandeiras…..

Ou como na Escola Infantil de Tui onde o entroido foi mi¡uito maís que disfrazarse, como podedes ver neste álbum fotográfico que comparten en Facebook.

E para xenerais de Arteixo, aquí vos deixamos aos pequenos da EEI Barrionovo:

 

embedded by Embedded Video

vimeo Direkt

Agora a celebrar o Domingo de Piñata como corresponde!!

O cárabo

jueves, febrero 8th, 2018

Alá polo 1972 na escola de Rubécourt, en e Boult-aux-Bois, un povo das Ardenas francesas, un xoven profesor Pierre Déom, un joven profesor comienza a editar una pequeña revista “La Hulotte” ( “El Cárabo” en castelán), que  recibe en 1989 o premio de divulgación científica  da Fundación Francia. A revista presenta a vida dos animais e  as plantas da Francia de clima templado sempre combinando a calidade nas ilustracións de plumiña,  o  humor dos textos e o rigor científico, da man do autor orixinal.

En España, a revista foi introducida polos editores da revista Quercus, adaptándoa ás especies da Península Ibérica. Xa van polo número 80 e esperamos que sigan moitos anos máis.

Saber diferenciar aves tradicionais,como se planta unha landra , os costumes das garzas que vemos nas rías, ou a vida dos topos, son algúns dos temas que poderemos disfrutar lendo esta xoia naturalista… e queizáis non será mellor que coñecer a vida dos leóns ou dos elefantes que tan lonxe nos quedan?

Desde este link podedes disfrutar de algúns dos seus números para estes dias de carnaval que se aveciñan. Seguro que vai pasar a ser unha publicación para integrar nas  vosas aulas

 

 

Xenerais da Ulla

martes, febrero 6th, 2018

O carnaval é un dos elementos mais vivos do noso patrimonio inmaterial e tamén unha das festas mais celebradas nas escolas.

Unha boa forma de optimizar o rendemento didáctico desta festa, pode ser combinar patrimonio, recursos  para o aula e o propio proceso de elaboración da máscara e complementos.

Así, nesta ocasión traemos un material didáctico que ten como obxectivo coñecer e disfrutar dunha das celebracións máis emblemáticas, os Xenerais da Ulla, desde a súa páxina oficial:

Como podemos celebrar un carnaval de este estilo na escola e facelo desde o punto de vista da reciclaxe?

Aquí van algunhas ideas:

Contádenos como celebrades o Antroido e o publicaremos en Blognatura!!

ojd