Día Internacional dos Bosques Autóctonos

avatar Escrito por blogmaestrovnat
30 de noviembre de 2017 a las 0:14h

blognatura, día internacional bosque autóctono

Fragas do Eume

Segundo  datos da Consellería do Medio Rural, Galicia conta con 425.000 hectáreas de eucaliptos, 288.000  das cales están exclusivamente cubiertas por esta especie e as outras 145.000 mezcladas con piñeiro e carballo. Un dato alarmante si temos en conta a maior velocidade de propagación dos incendios dos eucaliptos,  que, segundo o presidente da Sociedade Galega de Historia Natural  é ata un 50 % superior que os carballos e un 20 % máis que os piñeiros.

O bosque con especies autóctonas alberga maior biodiversidade e tamén pode rentabilizarse económicamente, tendo en conta que o valor de do metro cúbico de castaño, carballo ou nogueira é ata 20 veces maior que o de eucalipto.

Esta información pode ser un bo comenzo para xerar un debate nas aulas da ESO e Bacharelato sobre as consecuencias positivas que ten  a conservación e  desenvolvemento do Bosque Autóctono, aproveitando que o 23 de novembro a comunidade internacional invita a reflectir sobre este tema.

Ideas para celebralo:

  1. Utilizamos a app  Árbolapp do CSIC para identificar as especies autóctonas.
  2. Sinalamos no xardin da escola as árvores autóctonas e facemos un código QR con información sobre él.
  3. Recuperamos cantigas e contos sobre eles ou facemos un mural.
  4. Saída co concello a visitar os bosques organizada por rapaces de bacharelato.
  5. Organizar unha repoboación forestal con especies autóctonas cando a Sociedade Galega de Historia Natural o aconselle e tendo en conta todas as precaucións que nos indican na súa páxina.

Como recursos recomendamos o recurso propio “O Plantabosques”  ou o realizado pola Universidade de Vigo “Manual sinxelo de reforestación por sementeira”,  para Primaria a Unidade didáctica “O Bosque” e  Galicia Trees , e para Secundaria contextualizar o material da Junta de Andalucía “Árboles y reforestación” e o comentario de todas as novas sobre este tema que podamos atopar en La Voz de Galicia.

Etiquetas: , ,

Deja tu comentario

ojd