24 de Novembro: Día sin compras

avatar Escrito por blogmaestrovnat
21 de noviembre de 2017 a las 1:08h

Para facer frente ao famoso “Black Friday” americano, os canadienses comenzaron, fai 24 anos,  a celebrar en paralelo o “Día sin compras” unha iniciativa que actualmente se sigue en muitos países e que persigue un consumo sostible e transformador fronte ao consumismo irresponsable que propugna a primeira iniciativa.

Moitas asociacións como “Ecologistas en Acción” celebran neste sía distintas actividades en varias provinicas españolas.  Por que non animarse a celebrar unha campaña para o “Día sin compras” nas nosas escolas? Debates, proxección de películas ou unha campaña publicitaria anti- consumismo poder ser actividades sinxelas que nos dan muito xogo. Aquí vos deixamos algúns recursos que os faciliten o labor:

1- Listado de materiais ( películas e libros) de Ecologistas en acción.

2- Caderno de Consumo Responsable de Ipade aborda  temas como a obsolesencia programada, os materiales dos móbiles,o valor da auga ou a importancia da agricultura ecolóxica, entre outros.

3- Vive o comercio xusto nas aulas, realizada por Setem ou   Preguntas e Respostas sobre  Comercio Xusto da mesma organización.

4- A proposta  de Alboan  O que o  teu móbil escondecon multitude de actividades como  trazar o percurso desde o nacemento até o final de un móvil a través de unha serie de fotografí­as que podemos descargar aquí­.

5- Alianza por la Solidaridad comparte unha  campaña de sensibilización, con diversas actividades como un test sobre  consumo diario (pax. 11)  ou os  materiais da campaña 8×80, con guí­as e fichas para alumnos e profesores divididas por edades.

6- Portais como Consumipedia Consume hasta morir, ou  El Cederrón Didáctico ofrecen cantidade de recursos valiosos como pode ser a realización de unha campaña “antipublicitaria”.

Deixámosvos ca curta “A illa das flores” de Jorge Furtado como exemplo para utilizar os blogs de Voz Natura como foro de debate e esperamos as vosas aportacións para este día.

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

 

 

Etiquetas: , , ,

4 respuestas a “24 de Novembro: Día sin compras”

  1. avatar maite dice:

    Boa noite:

    Son Maite, coordinadora do proxecto Voz Natura do CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez de Ourense:

    Deixamos enlace ao noso blog onde reproducimos algunhas das actividades realizadas para concienciar aos nenos sobre o consumo responsable.
    Saúdos.

    http://blogs.voznatura.es/ceipplurilingueprofesoralbinonunez/archivos/8326

  2. avatar blogmaestrovnat dice:

    Grzas Maite. Hoxe publicamos o roteiro fotografico e para o próximo xoves publicaremos este. Unha aperta e parabéns, como sempre.
    Susana Vázquez

  3. avatar cristina llinares francisco dice:

    Cantidade de recursos para a reflexión. Gracias!

  4. avatar blogmaestrovnat dice:

    Grazas a vós Cristina.
    Susana Vázquez

Deja tu comentario

ojd