24 de Novembro: Día sin compras

Para facer frente ao famoso «Black Friday» americano, os canadienses comenzaron, fai 24 anos,  a celebrar en paralelo o «Día sin compras» unha iniciativa que actualmente se sigue en muitos países e que persigue un consumo sostible e transformador fronte ao consumismo irresponsable que propugna a primeira iniciativa.

Moitas asociacións como «Ecologistas en Acción» celebran neste sía distintas actividades en varias provinicas españolas.  Por que non animarse a celebrar unha campaña para o «Día sin compras» nas nosas escolas? Debates, proxección de películas ou unha campaña publicitaria anti- consumismo poder ser actividades sinxelas que nos dan muito xogo. Aquí vos deixamos algúns recursos que os faciliten o labor:

1- Listado de materiais ( películas e libros) de Ecologistas en acción.

2- Caderno de Consumo Responsable de Ipade aborda  temas como a obsolesencia programada, os materiales dos móbiles,o valor da auga ou a importancia da agricultura ecolóxica, entre outros.

3- Vive o comercio xusto nas aulas, realizada por Setem ou   Preguntas e Respostas sobre  Comercio Xusto da mesma organización.

4- A proposta  de Alboan  O que o  teu móbil escondecon multitude de actividades como  trazar o percurso desde o nacemento até o final de un móvil a través de unha serie de fotografí­as que podemos descargar aquí­.

5- Alianza por la Solidaridad comparte unha  campaña de sensibilización, con diversas actividades como un test sobre  consumo diario (pax. 11)  ou os  materiais da campaña 8×80, con guí­as e fichas para alumnos e profesores divididas por edades.

6- Portais como Consumipedia Consume hasta morir, ou  El Cederrón Didáctico ofrecen cantidade de recursos valiosos como pode ser a realización de unha campaña «antipublicitaria».

Deixámosvos ca curta «A illa das flores» de Jorge Furtado como exemplo para utilizar os blogs de Voz Natura como foro de debate e esperamos as vosas aportacións para este día.

[youtube Afy4LxRN67g]