16 de Novembro: Día Internacional do Patrimonio Mundial

O Patrimonio Mundial está representado por  1.052 bens espallados por 161 países. Os tesouros patrimoais divídense en tres categorías: bens culturais, naturais e mixtos.

No apartado de bens naturais atópanse  monumentos naturais, formacións xeológicas ou lugares excepcionais polas súas características estéticas, científicas, de conservación ou beleza natural. O parque nacional do Teide ou Doñana pertenecen a este  grupo.

Dentro dos bens mixtos, incluense lugares que reúnen cualidades naturais  ou históricas  como a  zona de Pirineos-Monte Perdido.

Dentro dos bens culturais destacamos  representacións da cultura inmaterial como o flamenco. ou o semprieterno candidato patrimonio galego-portugués.

Joan Santacana, experto en didáctica do patrimonio, comentaba unha vez que «Si esqueces o teu pasado, alguén virá e te impondrá o seu», unha frase que alberga na súa simplicidade todo un alegato para a conservación e valorización do patrimonio.

Aproveitamos esta data na que se cumplen 45 anos  da firma en París da Convención sobre Patrimonio Mundial Cultural e Natural, que sentaba as bases para que a UNESCO desenvolvese a protección do patrimoniopara celebrar  que España ocupa o terceiro lugar en importancia patrimonial e que podemos aproveitar para facer nas aulas unha reflexión sobre os lugares, tradicións e monumentos e entornos galegos que puidesen ser declarados Patrimonio Mundial.

Ademais, o 16 de novembro celébrase tamén o Día Internacional da Tolerancia, unha bonita coincidencia que podemos levar á reflexión nas aulas sobre os valores de diversidade e tolerancia, da valoración da idiosincrasia  como elemento enriquecedor que promove e busca a tolerancia frente ao diferente.

Que propostas que unan patrimonio e tolerancia,  o propio como ponte para o alleo farán os nosos alumnos e alumnas? Animádevos a compartilas aquí.

 

 

Guardar

Marcar como favorito enlace permanente.

2 comentarios

  1. OLA!!:

    Dende o CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez de Ourense, envíamos un enlace ao noso blog (co novo título do proxecto deste curso: «AUGA, PEDRA, SABEDORÍA E TERRA»), coa noticia da celebración do DÍA INTERNACIONAL DO PATRIMONIO MUNDIAL. Estivemos investigando na nosa zona cal era o patrimonio material e natural que estaba descoñecido para a maioría de nós e fixemos unha exposición de fotos con todo o que atopamos (pazos, fontes, lavadoiros, cruceiros, un mosteiro abandonado, igrexas, petroglifos… e ata un museo!!
    Ademais diso tamén estamos a traballar o patrimonio inmaterial e axiña teremos no cole algúns avós que nos contarán costumes e labores da nosa zona.
    Saúdos. Maite

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *