Mindomo ou como facer un mapa mental

avatar Escrito por blogmaestrovnat
9 de noviembre de 2017 a las 3:31h

Todos coñecemos as vantaxes dos mapas mentais , organigramas que recolle  con colores e formas os conceptos máis importantes de un tema  e os relaciona entre eles, tal e como fai o noso cerebro.

Para crear un mapa mental se inicia con un tema principal e, despois, se van ramificando subtemas. Son moi útiles para a aprendizaxe  porque  organizan a informaación e relación de conceptos. O seu creador, Tony Buzán, defende que o mapa mental recolle a actividade dos dous hemisferios cerebrais e por eso potencia a aprendizaxe.

Os seus usos son moi variados: tomar apuntes, deseñar ou coordinar un proxecto, material de apoio nas aulas de Educación Ambiental, etc

Mindomo é unha aplicación moi interesante para elaborar mapas mentais, conceptuais, organigrama ou un curso.Como sempre tedes que daros de alta e o seu manexo é moi sinxelo: Aquí vos deixamos un bo titorial e un mapa mental de exemplo.

Que tal crear un mapa mindomo para o voso proxecto Voz Natura?

 

Etiquetas: , ,

Deja tu comentario

ojd