Archivo para mayo 30th, 2017

Día Mundial do Medio Ambiente: Conectar coa Natureza

martes, mayo 30th, 2017

Este é o  tema oficial que Nacións Unidas escolleu para este 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente.

O país anfritión é Canada,  un país que  destaca polo uso sostble do medio e pola saúde e benestar dos seus habitantes, para os que o contacto coa Natureza forma parte do cotiá e que inclúe desde fai anos no seu currúculum disciplicas com o  coñecemento indíxena da natureza  e visitas aos parques naturaos e as comunidades indíxenas aínda existentes.

En Voz Natura, tamém “Estamos coa Natureza” desde o inicio do programa e son infinitos os paseoa, roteiros, saídas á horta, aos bosques, aos ríos e praias, etc que levades feito e que enchen á rapazada de “Vitamina N”.

Para celebralo, desde a ONU comparten a guía I´m whit Nature ,  onde suxiren recursos para celebrar este día. Mentras tanto, nós vámolo celebrando en contacto directo coa Natureza no parque de  Haciadam onde este sábado vos agardamos para celebrara a Festa de Voz Natura anual.

 

ojd