Entrevista á coordinadora do blog gañador

avatar Escrito por blogmaestrovnat
25 de mayo de 2017 a las 0:56h

blogHoxe nos poñemos en contacto con Marta Pérez Lage, coordinadora do Blog Voz Natura do  CEIP Antonio Pedrosa Latas de Celeiro-Viveiro en Lugo.  É unha entrevista corta onde quedaron moitas preguntas por facer pero que nos da idea tanto  da potencialidade didáctica dos blogs, como  do magnífico traballo en equipo que se desenvolve no CEIP baixo a tutela e coordinación de excelentes profesionais como Marta Pérez e Rita Lamas, a directora do centro.

1. Canto tempo levades co blog e como fostedes coordinando o seu mantemento ao longo do tempo?
Publicamos os nosos primeiros artigos no blog aló polo mes de maio do ano 2009 despois de recibir un curso de formación a través dos servizos de Voz Natura. Daquela a coordinadora de Voz Natura no colexio era Ángeles Pérez e xuntas comezamos esta aventura como “blogueras”; seguín levando o blog tamén coa coordinadora Maricarmen Lázaro e na actualidade con Rita Lamas. É unha labor moi gratificante que levo a cabo como coordinadora da Biblioteca do centro e como integrante do equipo de Voz Natura.
2. No voso contexto, que vantaxes crees que ten un blog como ferramenta na aula de mediombiente respecto a outras redes?
Para min o blog é moito máis completo que calquera outra ferramenta, como por exemplo o facebook, debido aos diferentes apartados nos que podemos crear: páxinas, enlaces, categorías, gadgest…
O noso blog recolle todas as actividades que levamos a cabo a través de artigos, presentacións, fotos e vídeos elaborados por nós. Contén páxinas onde se recollen os diferentes proxectos medioambientais e intentamos que sexa fácil a procura da información. Ademais, desde o mesmo podemos acceder ao blog maestro de Voz Natura e a todos os blogs e páxinas especiais do colexio.
3. De que xeito integrades Voz Natura no PDI e a Biblioteca?
No noso centro todas as actividades dos diferentes equipos de traballo (Biblioteca, EDLG, Voz Natura, Actividades Extraescolares e Complementarias) deseñámolas en coordinación e atendendo aos diferentes proxectos de xeito que non sexan actividades illadas senón que se complementen. Un exemplo claro foi a elaboración do vídeo VOZ NATURA, un produto final no que todos os departamentos aportaron ideas e materiais.
Nas diferentes celebracións o estudo, coidado e mellora do noso entorno está sempre presente: no magosto, polo nadal, no día da poesía… e a Biblioteca aporta a bibliografía e información necesarias.
4. Como foi recibido o luns a nova do premio na escola?

Con moita sorpresa e ilusión.  Agradecemos esta distinción que nos servirá de estímulo para seguir traballando con entusiasmo na procura dun futuro medioambiental sostible.
5. Como curiosidade, para terminar: As familias len e comentan habitualmente o blog?
Esa é a finalidade que buscamos, que a través do mesmo sigan as actividades e traballos que realizamos no centro en relación cos proxectos medioambientais, a reciclaxe, o horto escolar, as árbores …
Somos conscientes que aínda nos queda moito por facer pero este premio daranos a coñecer moito máis.

Etiquetas:

Deja tu comentario

ojd