22 de maio: Concurso de Vídeos Voz Natura

avatar Escrito por blogmaestrovnat
19 de mayo de 2017 a las 0:40h

A poucos días para que finalice a plazo de presentación do V Concurso de Vídeos de Voz Natura , deixamos algúns consellos que complementan as distintas publicacións sobre este tema en Blog Natura.

A estas alturas, xa teremos planificado o que vamos a filmar, si queremos voz en off ou banda sonora, o tipo de planos que queremos facer, o guión da historia que queremos contar, a resolución na que vamos filmar…

Hoxe incidiremos en aspectos que, as veces, esquecemos e que son fundamentais cando gravamos un vídeo:

1- A calidade do audio

O mellor e utilizar un micrófono, pero si non o temos ou usamos  un smartphone, deberiamos procurar que cualquer son que se quiera capturar esté  a  menos de 10 metros da cámara porque senon a calidade non estará asegurada.

2- Evitar o zoom

Se nos achegamos demasiado co zoom menos estable será a imaxe e pode sair borroso,así que é mellor que nos aproximemos nós á persoa ou suxeto, a non ser que sexa imposible (por exemplo se queremos filmar a algún animal).

3- Comportarnos como actores profesionais

En primerio lugar, mirando directamente á cámara, como si estiveramos falando con ela, e ser un pouco máis animado do  habitual  cos xetos, sen  que sone a demasiado artificial.  Pode haber pausas, como na vida misma e queda moi ben combinar distintos tipos de planos ( americanos, completos, longos, curtos, etc).

Si temos que falar facelo da maneira máis natural posible e si a voz é en off non poñamos voz de locutores aguerridos, mais ben falar co noso tono habitual.

 

Por último, facer sempre varias copias de seguridade, utilizando ICloud, Dropbox ou Flickr , dos que xa temos falado neste blog.

Ánimo, xa queda pouco para enviar o voso vídeo!!

Etiquetas: ,

Deja tu comentario

ojd