Archivo para mayo 16th, 2017

Día das Letras 2017 en Blog Natura

Martes, mayo 16th, 2017

Cruceiros, petos de ánimas, muiños de auga, fornos comunais, foxos do lobo, alvarizas, sequeiros, salgadoiros… mil e unha verbas asociadas ao patrimonio etnográfico como tema central da XX edición de Voz Natura.

Brincaletras, adaptacións teatrais, pasapalabras, audiolibros, …en calquera das obras de Carlos Casares atopamos o patrimonio material e inmaterial galego.

Xa sexa cos recursos de Abalar, xa  sexa desde as páxinas da Fundación Carlos Casares, podemos afondar na figura do “Autor ” homenaxeado nesta edición do Día das Letras . E  con  libros como “A Galiña Azul”,  cinco contos nos que podemos afondar no valor do compromiso co patrimonio inmaterial  que  Casares explicita moi claramente no derradeiro parágrafo da carta coa que se inicia o libro, e que dirixe a Ana, unha rapaza que sae de Galicia para Santander: «Mentres non volves, mándoche estes contos, escritos na túa lingua, para que ao escoitar estas palabras poidas relembrar aquelas outras ditas por aquela vella campesiña que viña do dentista de arrincar unha moa: “¡Ai, que nena tan bonita! Parece unha mazá”.»

ojd