Auga, árbore e poesía

avatar Escrito por blogmaestrovnat
22 de marzo de 2017 a las 2:08h

Onte foi un día decelebración doble: Día da Árbore e Día  Mundial da Poesía   e hoxe celebramos o Día Mundial da Auga.

Un trinomio perfecto nas escolas participantes no Programa Voz Natura. Onte  plantaron árbores e  léronse poemas, as bibliotecas estaban de festa e os espazos verdes das escolas os secundaban.Hoxe rendimos homenaxe a auga e, como a ONU, pedimos que non se desperdicie.

Por que non misturar estas celebracións no que queda da semana? Un concurso de poemas sobre árbores, un árbore de poesías, un progama de radio mediambiental en verso sobre o desèrdicio de auga, un recital  de poesias feitas polas familias debaixo da árbore mais singular da escola sobre a auga, …

Aquí vos deixamos  algunhas recomendacións de poemas  sobre os árbores e a  auga, para levar á aula unha vez xa fixemos o traballo no exterior, tanto desde a literatura española como Agua ¿Adónde vas? de Lorca a Encina. de Antonio Machado ou  El árbol de Vicente Aleixandre.

Como na galega, desde Meendiño coas súas cantigas de amigo, Rosalía con “Adios ríos, adiós fontes…”, Manuel María ou Carballo Calero.

 

Deja tu comentario

ojd