Proxecto CarpoFlor no IES Illa de Arousa

avatar Escrito por blogmaestrovnat
7 de marzo de 2017 a las 0:21h

Desde fai uns anos a Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo desenvolve distintas investigacións relacionadas coas especies invasoras que ameazan a biodiversidades galega.

Entre elas destaca o Proxecto CarpoFlor,  que se centra na especie invasora Carpobrotus edulis, coñecida comunmente como unlla de gato. O departamento de Bioloxía Celular e Ecoloxía da Universidade de Santiago de Compostela , coa colaboración da Universidade de Vigo desenvolveu este proxecto no que se marcaron varios obxectivos. Os tres máis importantes son:

1-Analizar a incidencia do cambio climático nesta especie para avaliar se o aumento da temperatura e a carencia de auga van a favorecer ou non á extensión da planta.

2- Coñecer cómo modifica as condicións do solo e se emite sustancias que impidan o crecemento da flora autóctona ao seu redor.

3- Para eliminar definitivamente esta invasora, o proxecto  intenta buscar un insecto que devore ao Carpobrotus. Un posible candidato é o Pulvinariella mesembryanthemi.

Para colaborar neste estudo, os alumnos e alumnas do IES Illa de Arousa fixeron  un muestreo das diferentes poboacións existentes  na praia de Gradín . Colleron e analizaron datos de medidas, flores (cor, número..),  e das invasoras que compiten con elas ademáis de estudar os datos meteorolóxicos dos 5 días anteriores ao muestreo.

Unha excelente práctica de ciencia ciudadana na que  alumnado aprendeu de forma práctica as bases do método científico,  utiliza as TICs para gardar eses datos e buscar as taboas meteorolóxicas e aprenden colaborativamente.

Premendo aquí, podedes ver o seu traballo.

Parabéns!!

Etiquetas: ,

Deja tu comentario

ojd