Patrimonio etnográfico e educación ambiental

avatar Escrito por blogmaestrovnat
9 de febrero de 2017 a las 0:46h

A ligazón entre educación ambiental e patrimonio etnográfico e moi estreita e todas actividades que deseñemos baixo a óptica da etnografía van estar íntimamente ligados co medio ambiente.

Como exemplo: os muiños de auga, os fornos de pan, os hórreos, se falamos de patrimonio material ou as cantigas de sementar, as lendas sobre os montes , o lobo, oficios como o de cesteiro ou o pan son exemplos desta estreita relación.

A 21ª edición do Programa Voz Natura, que comenza o luns próximo, deixanos abertas muitas posibilidades e os blogs son unha ferramenta idónea. Como ideas:

  • Unha nova categoría en cada blog sobre Patrimonio Etnográfico como a que hoxe inauguramos no Blog Natura.
  • Un blog destinado a ser museo virtual do Patrimonio etnográfico da zona onde se atope a escola.
  • Unha categoría ou páxina destinada a receitas tradicionais  ou a cantigas tradicionais da zonaonde as familias podan interactuar.
  • Un blog sobre un proxecto relacionado co lobo e as lendas e a tradición oral que intente facer xusticia á mala imaxe deste animal.
  • Un obxecto/un mes: unha categoría sobre un proxecto onde se amosen distintos productos como raps, murais, vídeos sobre o patrimonio etnográfico.

E falando de vídeos, deixámosvos o do fantástico proxecto  audiovisual sobre os Humedais de Arteixo publicado co gallo do pasado Día dos Humedais na Escola Barrionovo de Arteixo.

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Esperamos que o presenten ao xa bastante próximo concurso de vídeos de Voz Natura.

 

 

Etiquetas: , ,

Una respuesta a “Patrimonio etnográfico e educación ambiental”

  1. avatar María Pousa dice:

    Xa nos gustaría… pero a autoría é do Departamento de Medio Ambiente do noso Concello.Temos moita sorte co material que publican e que podemos aproveitar para mellorar o noso traballo.
    Tamén a publicación do calendario etnográfico de Arteixo 2017, está dando moito xogo:

    http://blogs.voznatura.es/eeibarrionovo/2017/02/02/reciclando-para-celebrar-as-candeas/

    GRAZAS por este post que nos axudan a trazar liñas para o vindeiro proxecto….
    Un saúdo desde Barrionovo e boa fin de semana
    María

Deja tu comentario

ojd