Archivo para diciembre 13th, 2016

Este Nadal, apuntáte a movida: Reciclando no CEIP Profesor Albino Núñez

martes, diciembre 13th, 2016

Reciclar é cousa de todos e constitúe a actividade de consumo responsable que máis potencialidade didáctica ten nas aulas: desenvolve a creatividade, involucra as familias e facilita a implantación de metodoloxías colaborativas nas aulas, entre outras vantaxes.

Así o explican no CEIP Profesor Albino Núñez en Ourense, onde se desenvolve unha completa campaña de reciclaxe.

Desde as primeiras horas, os “madrugadores” comenzan a reciclar no taller de “Eco Nadal”, continúan durante o recreo no taller de reciclado que se leva a cabo durante todo o curso escolar e continúan  co taller de reciclaxe  que se desenvólve despois de  comer, nel os nenos da ECOPATRULLA, OS VERDES VIXÍA, poñen os seus petos con lemas que animan a reciclar, guiados por dúas nais colaboradoras do comedor que aproveitan materiais do lixo para realizar manualidades.

A “movida” e tan grande, que até a televiión local Telemiño, participou nun taller de reciclaxe con paus e rolos de papel hixiénico nas aulas de 2º de Primaria.

Non deixedes de visitar o seu blog para aplaudir ás fantásticas obras que desenvolven!

ojd