Xa sexa para o coñecemento científico, como medio de concienciación, para disfrutar da beleza ou coñecer lugares lonxanos, a fotografía é unha arma poderosa na educación ambiental.
Tan poderosa, que muitas veces encontrámonos con a desilusión dos rapaces cando os levamos a observar á Natureza e non ven “tan de cerca” os animais como ven nas revistas ou “reclaman” ás cores de bosques tan intensas como poden ver nos documentais. Un momento perfecto para introducir a fotografía ambiental. Sobre todo si se trata de adolescentes.
Si a investigación di que o impacto didáctico das visitas de campo é muito menor que as nosas expectativas: porque non convertir a saída nunha gymkana fotográfica cos móveis do rapaces e que compartan nas redes os seus achados?
E non só porque a fotografía ” ensina a mirar” senon tamén porque no caso dos adolescentes facemos que “se vexa” e axuda a que se lembrem da visita.
As posibilidades, muitas: para afondar nunha especie, no estudo da paisaxe, “Ginkana fotográfica” ( distintas imaxes en distintas posicións), consursos de “puntos” ( o que fotografíe e identifique máis obxectos, etc, etc.
Como recurso un manual de fotografía ambiental, como escenario, as maravillosas cores de outono.
A que esperades para mostrárnolo?