Archivo para septiembre, 2016

Estamos de volta!

lunes, septiembre 12th, 2016

 Benvidos e benvidas a este novo curso 2016-2017 onde 338 proxectos educativos mediambientais acompañarán o 20 aniversario do programa Voz Natura.

Nesta edición, e depois de 19 edicións centradas nun tema específico, a variedade dos proxectos admitidos constitúe unha proba máis da creatividade  e calidade do profesorado galego: hortos urbanos en comunidade, plantas medicinais, proxectos solidarios, reciclaxe, ecopatios, océanos e mares… en resumo, unha edición que vai dar moito que falar.

Proxectos que van ter unha acción directa sobre o entorno e que van ser visibles en muitas poboacións e centros educativos galegos e nos blogs de Voz Natura.

Como sempre, desde Blog Natura  iremos aportando recursos e mostrando boas prácticas docentes que poidan ser de utilidade no desenvolvemento dos proxectos.

E xa sabedes: Este blog aliméntase das vosas propostas, así que esperamos os vosos comentarios para compartir o que estades facendo coa comunidade de blogs de Voz Natura.

Bo comezo de curso!!

ojd