Archivo para junio 21st, 2016

Que facer co meu blog no verán?

martes, junio 21st, 2016

Despois de estes dias “multitarea” e co remate do curso na porta é un bo momento pensar no que imos facer cos blogues no verán.

Desde logo que a opción “Pechado por vacacións” é neste momento a máis apetecible pero tamén podemos acadar outras opcións. Deixamos media ducia delas neste post e vos animamos a que compartades as vosas ideas:

  1. Facer un calendario editorial no que programades algunhas das entradas para o curso próximo, sobre todo aquelas que teñen que ver con recursos, con días especiais, etc. Só tendes que postear como habitualmente e na pestana “Publicar inmediatamente” da columna dereita do panel de administración pór a data  en que desexades que se publique.
  2. Revisar a fondo o blog actualizando os links, as imaxes e os vídeos.
  3. Organizar os artigos en etiquetas e categorías.
  4. dar un paseo virtual por outros blogs de centros Voz Natura e aproveitar os seus recursos e ideas e, de paso, aproveitar para deixar un saudiño. Tamém podemos facer unha selección dos melhores post da rede virtual de Voz Natura.
  5. Visitar a fondo as categorías de Blog Natura que máis vos interesen e sobre todo a de Taller de Blogs para ir avanzando no manexo da ferramenta. Saudádenos tamén!!
  6. Entrar polo menos quincenalmente no blog por si hai comentarios dalgún lector e, sobre todo, compartir  post nas redes sociais, comentalos e compartilos en outros blogues… en fin ampliar a comunidade e  difundir o voso labor.

 

ojd