Archivo para mayo 3rd, 2016

Obradoiro de fitofortificantes

martes, mayo 3rd, 2016

Con profesores como vós non paramos de aprender e compartir. Desde o Colegio  Jaime Balmes en Noia, como expertos e veteranos en programas de medio ambiente, envíannos a información sobre un obradoiro de fitofortificantes, e unha reportaxe  na que podedes ver o proceso paso a paso que vos vai ser de muita utilidade.

Os fitofortificantes son  productos capaces de mitigar, reducir ou evitar danos a partir das propias características das plantas.

Orientados por un técnico de unha empresa ( unha idea moi interesante  da que podemos tomar nota), os rapaces fixeron preparados biolóxicos   aprendendo sobre a decocción, a infusión, a maceración e o extracto fermentando a partir de ortigas e feitos. Así nolo contan no seu blog de Voz Natura.

 

 

“Os alumnos e alumnas colleron as plantas para picar no monte, e despois prepararon sacos con un quilo de planta picada en 10 litros de auga, introducidos en capazos.

O preparado ten que fermentar de 10 a 15 días e teremos que remexelo una vez ao día. O obxectivo é utilizar o extracto de ortiga  como remedio contra o pulgón laníxero das árbores froiteiras, das arañas e dos fungos, ademais de fertilizante e estimulante da xerminación. No que se refire ao extracto de fieito, será utilizado como remedio insecticida contra cochinillas e pulgóns.”

ojd