Investigadores no medio ambiente: Colexio Santiago Apóstol

avatar Escrito por blogmaestrovnat
12 de enero de 2016 a las 8:24h

Desde a investigación  na didáctica das Ciencias, recomendan que a mellor forma de entender os conceptos científcos  é facendo actividades “auténticas” que xeneren preguntas abertas e que permitan aos estudantes ser os protagonistas do seu coñecemento.

No colexio Santiago Apóstol de Ponteareas fan boa conta de estas propostas e, non só involucran aos estudantes na indagación na súa contorna, senon que traspasan as fronteiras da súa comunidade con un proxecto  de Educación Ambiental  que, ademáis de promover o contacto dos alumnos coa contorna natural, inclúe actividades como a comparación da calidade das aguas do río Tea, en Ponteareas e o río Tera en Zamora.

Como parte do proxecto, do que esperamos nos teñan ao día no seu blog “Educamos hoxe para toda a vida”, 24 estudantes de 4º de ESO disfrutaron en novembro unha estadía dunha semana no Centro de Educación Ambiental de Villardeciervos (Zamora) xunto con outros tantos alumnos do IES Ribera del Jalón de Arcos del Jalón (Soria), onde realizarán en convivencia unha serie de actividades, rutas e obradoiros co obxectivo de seguir traballando hábitos e valores en Educación Ambiental.

Parabéns polo voso traballo alumnos, alumnas e docentes do Colexio Santiago Apóstol!

Animádevos a contarnos nos comentarios deste post as actividades que fixéchedes en Villardeciervos e  a experiencia de investigación conxunta cos rapaces do IES Ribera de Jalón.

 

Etiquetas:

2 respuestas a “Investigadores no medio ambiente: Colexio Santiago Apóstol”

  1. avatar Arias dice:

    Envíolles o enlace á entrada do Colexio Jaime Balmes sobre dragado ecolóxico, por se fose de interese:

    http://blogs.voznatura.es/colexiobalmes/2016/01/15/dragado-ecoloxico/

  2. avatar blogmaestrovnat dice:

    Grazas. Como sempre un exemplo de como integrar a educación ambiental. Parabéns!!

Deja tu comentario

ojd