Recursos para un Nadal ecolóxico

avatar Escrito por blogmaestrovnat
17 de diciembre de 2015 a las 10:04h

bonadal

A dous días das vacacións de Nadal,  deixamos no blog algunhas ideas  e recursos de actividades medioambientais e animámosvos a que compartades as vosas ideas nos comentarios deste post.

Para os maís pequechos, no rincón do ordenador, recursos interactivos sobre o Nadal, e porque non aprender como se forma a neve ou coñecer como cantan ao Nadal nos distintos países do mundo?

Para os de Primaria unha miniquest sobre a orixe dos Beléns  , aprender sobre o Nadal en Galicia, practicar o inglés con motivo destas datas, ou utilizar as patacas da horta escolar para facer estampacións.

Para Secundaria, deixámovos algunhas “Chuches TIC” coas que poidan desenvolver a súa creatividade.

E, como sempre, animamosvos a compartir coas familias nos vosos blogs de aula, lecturas medioambientais para o Nadal e a aproveitar a ocasión para ver películas sobre medioambiente.

Bo Nadal e parabéns como sempre polo voso labor!

Etiquetas:

4 respuestas a “Recursos para un Nadal ecolóxico”

  1. avatar maite dice:

    Dende o CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez de Ourense desexamos un FELIZ ANINOVO!!! a todos os compoñentes do Programa de Voz Natura. Deixámosvos un enlace ao noso blog onde recomendamos algúns libros para regalar este Nadal e que nos parecen moi interesantes para concienciar no coidado e respecto da natureza.

    http://blogs.voznatura.es/ceipplurilingueprofesoralbinonunez/archivos/2752

  2. avatar blogmaestrovnat dice:

    Feliz ANINOVO a todos vos e GRAZAS por compartir. O xoves recomendaremos estas lecturas!!
    Grzas e parabéns polo voso labor!!
    Blog Natura

  3. avatar Nando Cameselle dice:

    http://blogs.voznatura.es/colexiosantiagoapostol/2015/11/25/os-alumnos-de-4o-de-eso-no-ceam-de-villardeciervos/

    Procuraremos involucrar aos alumnos nos comentarios da súa experiencia.

  4. avatar blogmaestrovnat dice:

    Grazas por compartir.
    Os comentarios dos rapaces serán moi ben recibidos en BlogNatura!! Publicámolo o martes 12 de xaneiro.
    Un saúdo cordial.
    Blog Natura

Deja tu comentario

ojd