Archivo para diciembre 17th, 2015

Recursos para un Nadal ecolóxico

jueves, diciembre 17th, 2015

bonadal

A dous días das vacacións de Nadal,  deixamos no blog algunhas ideas  e recursos de actividades medioambientais e animámosvos a que compartades as vosas ideas nos comentarios deste post.

Para os maís pequechos, no rincón do ordenador, recursos interactivos sobre o Nadal, e porque non aprender como se forma a neve ou coñecer como cantan ao Nadal nos distintos países do mundo?

Para os de Primaria unha miniquest sobre a orixe dos Beléns  , aprender sobre o Nadal en Galicia, practicar o inglés con motivo destas datas, ou utilizar as patacas da horta escolar para facer estampacións.

Para Secundaria, deixámovos algunhas “Chuches TIC” coas que poidan desenvolver a súa creatividade.

E, como sempre, animamosvos a compartir coas familias nos vosos blogs de aula, lecturas medioambientais para o Nadal e a aproveitar a ocasión para ver películas sobre medioambiente.

Bo Nadal e parabéns como sempre polo voso labor!

ojd