Xa queda menos para a Festa Voz Natura!!

avatar Escrito por blogmaestrovnat
26 de mayo de 2015 a las 8:18h

 

Hoxe enviamos desde Blog Natura, unha aperta e unha mensaxe de ánimo para tódolos docentes que, en estes días nos que se aproxima o final de curso, estades traballando horas e horas co alumnado para preparar a Festa Voz Natura.

Alí poderemos felicitar ás profesoras e alumnos do IES Illa de Arousa, gañadores de esta edición de Voz Natura, e do  CEIP Profesor Albino Núñez, gañador do premio ao mellor blog e teremos a oportunidade para coñecernos persoalmente, e disfrutar e aprender cos traballos dos compañeiros.

A menos de catro días para que remate o III Concurso de Vídeos Voz Natura, moitos rapaces e profesores están preparando os últimos retoques…

En definitva, un “sen parar”, que só pode ser posible grazas á dedicación compromiso e saber facer dos e das profesores e profesoras excelentes cos que contamos en Voz Natura.

Animádevos a deixarnos algúns links  no que nos mostredes os “preparativos” da Festa!!

 

 

 

Etiquetas:

Deja tu comentario

ojd