Parabéns ao mellor blog e bitácoras finalistas do curso 2014-2015

avatar Escrito por blogmaestrovnat
18 de mayo de 2015 a las 9:42h

Imagem 3

 O xurado de Voz Natura ven de proclamar, por unanimidade, o blog” Do horto ao prato. O xardín dos sentidos“, do CEIP Albino Núñez de Ourense, como o mellor blog de este curso.

Aorredor do horto escolar, a profesora  Marisol Fernández Cid, desenvolve cos seus alumnos  proxectos cooperativos que integran a educación ambiental, educación para a saúde e educación en valores, con un innovador enfoque multisensorial que promove nos nenos e nenas o desenvolvemento das distintas competencias.

Ademáis, é un claro e excelente exemplo de cómo formular propostas educativas unificando distintos proxectos nun blog de aula. Neste caso, a experiencia aúna o horto escolar de Voz Natura, o Proyecto SI! ( Salud Integral), o “Plan de consumo de froita fresca nas escolas” e o Proxecto de comedor escolar do centro.

Como exemplo do seu excelente labor destacamos:

– Innumerables actividades e recursos relacionados coa alimentación e a adquisición de hábitos saudables como a “ Semana da Froita” ou os calendarios de froitas e verduras de tempada.

– Aa publicación semanal das “ Fichas do horto”,  co obxectivo de que  o alumnado coñeza as propiedades  características do que sementan cos  cinco sentidos e a promover a adquisición de hábitos saudables desde a infancia para reducir os riscos de enfermedades cardiovasculares.

– Pequenas experiencias de observación e investigación no horto.

– Actividades do proxecto “Escola Ponte Guapa” no  que os pequenos colaboran  na tarefa de cuidar e melloraro  seu entorno escolar, por medio de propostas tradicionais como a semente e o  cuidado de plantas decorativas centro ou sumándose a tendencias innovadoras como as actividades basadas en Land Art , unha corrente de arte contemporáneo que emplea o marco e os materiais da natureza para desenvolver as competencias artísticas.

– Por último, destacamos a integración  de actividades interxeneracionais como os obradoiros“Cousas con Raíz” onde un avo ensina aos nenos e nenas como xogar e fazer xoguetes aproveitando os elementos do entorno natural.

En resumo, un excelente labor didáctico que incorpora, a través da metodoloxía de proxectos e do traballo cooperativo, tódolos ingredientes necesarios para un desenvolvemento multidisciplinar das competencias ambientais.

Como finalistas, felicitamos aos blogs,  “QuéroTe verde” da Esola Infantil Monte da Guía de Vigo,polas  actividades didácticas innovadoras y multidisciplinares  que desenvolven coas familias no proxecto “Cos Pés na Terra”  e pola  iniciativa “Apradiña unha Árbore”, onde os alumnos e as súas familias elixen unha  árbore do centro, adícano a un personaxe público, que represente valores ecolóxicos, culturais ou patrimoniais, investigan xuntos as  súas características e sintetizan a información nun cartel de madeira xunto con un código QR.

Imagem 4

 

 

 

 

E ao blog  “Brigadas ecológicas Cativos” que aglutina tódalas actividades desenvolvidas polas oito Escolas Infantís Municipais da Rede de Escolas Infantís Cativos en Galicia.

Imagem 5

Un excelente labor didáctico do equipo de profesorado das escolas nas que se levan a cabo multitude de actividades dirixidas ao desenvolvemento das competencias ambientais a través de hortos escolares, proostas de reciclaxe creativo e accións de protección ambiental en estreita colaboración coas familias.

Animámosvos a que os felicitedes nos comentraios do seu blog e a que botedes unha ollada ás actividades que desenvolven.

PARABÉNS A TODOS E GRAZAS POLA VOSA CONTRIBUCIÓN Á COMUNIDADE VIRTUAL  DE VOZ NATURA!

Etiquetas:

3 respuestas a “Parabéns ao mellor blog e bitácoras finalistas do curso 2014-2015”

  1. avatar Red de EEII Cativos dice:

    Bos días!

    En primeiro lugar, moitísimas gracias polo recoñecemento á labor de todo o noso equipo.

    E por suposto noraboa á EI Monte da Guía e especialmente ao CEIP Albino Núñez polo seu grandísimo traballo e máis que merecido recoñecemento.

    Seguímonos lendo!

  2. avatar maite dice:

    “Yupi”, “Que ben…”, “Unha medalla, unha medalla”, “Viva, viva” … estas foron algunhas das mostras de ledicia que manifestaron os pequenos/as de infantil ao coñecer a noticia do premio, hoxe todo era rebumbio e algarabía no cole, ademais tiñan unha saída no tren termal, día redondo para eles!!. As profes que levamos a cabo este proxecto queremos dar as grazas polo premio concedido, é un estímulo para seguir adiante. Parabéns tamén para toda a comunidade de VOZ NATURA que leva a cabo un traballo magnífico en prol do medio ambiente, a defensa do noso medio natural, a cooperación e o fomento dunha cultura de valores tan necesarios hoxe en día.
    Na última entrada do noso blog, os pequenos/as mándanvos un saúdo para todos. Moitas grazas.
    Maite e Marisol

  3. avatar blogmaestrovnat dice:

    Parabéns a todos e grazas por formar parte da comunidade docente de Voz Natura.
    Felicidades polo voso traballo!!
    Blog Natura

Deja tu comentario

ojd