Letras Galegas 2015 en Voz Natura

avatar Escrito por blogmaestrovnat
12 de mayo de 2015 a las 11:02h

Xosé Filgueira Valverde, o homenaxeado este ano nas letras galegas, foi un literato, filólogo, arqueólogo, historiador, antropólogo…ao que ningún campo do saber lle foi alleo. E, entre todas as súas facetas, cabe destacar a de “vello profesor”, como soían chamalo.

Para nós, docentes de aula, o Día das Letras é unha oportunidade de coñecer a súa figura e asociala á Educación Ambiental, ben deseñando percursos nos que descubramos aos alumnos o legado do escritor e a súa inquedanza polo patrimonio galego, ben cantando algunha peza dos seus cancioneiros, lendo  un pequeno texto de Agromar ou  simplemente aproveitando os recursos na rede para coñecer a súa figura.

Para facilitarvos o labor, deixámovos algunhas ligazóns interesantes:

Esperamos con ilusión que nos contedes as actividades ides facer desde os proxectos de Voz Natura!

Deja tu comentario

ojd