Archivo para mayo 5th, 2015

Escornabots en Educación Ambiental

martes, mayo 5th, 2015

Escornabot é un proxecto de código/hardware aberto que ten por obxectivo achegar a robótica e a programación aos nenos e nenas.

Un pequeno robot que podedes facer vós mesmos, tamén  coa axuda dos rapaces  e que pode programarse cos botóns para executar secuencias de movementos e de natureza máis sustentábel e asequíbel que os robots de Lego Bee- Bots.

Fai uns meses a Escola Infantil de Bairronovo en Arteixo publicaba no seu blog  o “Encontro Escornabótico”  da man de Tucho e Xoán, deBricoLabs e o seu Equipo Escornabots.

Neste vídeo podedes ver cómo traballaron e os escornabots en acción:

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Para ver as súas posibilidades didácticas en Educación Ambiental mostramos a experiencia de Jorge Lobo , un profesor do CEIP Lope de Vega, en Madrid,  con un escornabot e unha plantilla como a que vedes abaixo:

Na secuencia didáctica, a profesora  executa varias accións:

  • – Mostra unha maceta e os alumnos de 3 anos teñen que mandar ao escornabot ao vértice co nome e imaxe da planta que hai nela.
  • Sementeira : O escornabot ten que apañar os distintos elemntos que farán xerminar as sementes e levalas ao vértice co nome da planta que queremos sementar.   Os  elementos  represéntanse con fichas de poliespán coas  as imaxes del sol, terra y agua.
  • Colleita :  Os rapaces dirixen ao escornabot para que recolla as macetas coas imaxes e as leve ao chan de madeira que é o almacén.

Podedes velo, en vivo e en directo,  neste vídeo.

A robótica  educativa é un medio de aprendizaxe na que os alumnos e os docentes crean as súas propias construccións e constrúen a aprendizaxe dun xeito significativo , desenvolven compatencias en distintas áreas do coñecemento. A Edcación Ambiental é un eido no que a robótica educativa pode fortalecer distintas competencias coa vantaxe engadida de que está asociada a outros factores como a reciclaxe e a sostibilidade no centro.

Un mundo por explorar ao que a comunidade docente de Voz Natura non pode quedar alleeo.

Para saber máis:

– Páxina oficial: http://escornabot.com/web/gl

-Twitter: https://twitter.com/escornabot

Compartide as vosas experiencias!!

ojd