Archivo para abril 23rd, 2015

No Día do Libro : lecturas medioambientais

jueves, abril 23rd, 2015

O Día do Libro constitúe  unha ocasión para saudarnos como comunidade docente.

Desde Blog Natura animámosvos a  que compartades  o título dun libro sobre temática medioambiental nos comentarios de este post para que pase a formar parte da nosa biblioteca, a modo de agasallo.

Para entrar en faena, desde aquí propomos algunhas lecturas para tódolos gustos:

– “A Terra Ferida” de Delibes

“Dune” de Frank Herbert

“A venganza da Terra” de Lovelock

“Primavera silenciosa” de Rachel Carson

“O horto nun metro cadrado” de Mel Bartholomew

” A poesía das árbores” de Ignacio Abella

E para os maís pequechos. algúns dos nosos favoritos:

Wangari e as  árbores da paz de Jeanette Winter

O xardín curioso, de Peter Brown.

” A miña familia e outros animais” de  Gerald Durrell

“A historia de Rainbow Warrior “ de Rocío Martínez

Seguro que tendes centos de libros para compartir, así que  aproveitade a ocasión para que os rapaces e rapazas enchan hoxe os blogs con obras que lles fixeran reflexionar, interesarse, emocionarse… polo medio ambiente.

E como a tradición manda,  sirvan de “regalo” as publicacións de Voz Natura.

ojd