Archivo para abril 16th, 2015

22 de abril, Día Mundial da Terra

jueves, abril 16th, 2015

O día 22 de abril celébrase o Día Mundial da Nai Terra , que este ano se centra nas “Cidades verdes” que nos invita a reconstruir as nosas cidades como lugares sostibles e eficientes.

Unha oportunidade para diseñar secuencias didácticas interdisciplinares a través dos blogs de Voz Natura que xa vides desenvolvendo nas pasada conmemoracións da efeméride.

A Rede do Día da Nai Tierra pon a nosa  disposición ferramentas e recursos para que participedes  cna celebración deste día desde a vosa comunidade. Visitade este link para coñecer como podedes colaborar.

Desde BlogNatura propomos algúns  exemplos de actividades de aula:

– Concurso de fotografía “Nai Terra”.

– Concurso de poemas sobre a Nai Terra para publicar nos blogs.

– Pequenas curtas que conciencien sobre a necesidade de xerar espacios urbanos sostibles.

– Vídeos e podcasts  con cancións feitas polos rapaces sobre o tema.

– Pequenas investigacións sobre os distintos nomes da Nai Terra en distintos países e civilizacións.

– Un libro dixital con contos elaborados polos rapaces e as súas familias que se compartan desde os blogs.

– Accións singulares como actividades plásticas ou lingüísticas que nos lembren da importancia de cuidar o noso planeta.

ojd