A auga como proxecto de ciencia na escola: «Proxecto Pingados»

O domingo celebrouse o Día Mundial da Auga, un día sinalado que nos da pé a desenvolver proxectos científicos na aula arredor dun elemento fundamental para a vida e habitual no cotidiá.

Ademáis dos recursos e artigos publicados neste blog sobre a auga, hoxe traemos a Blog Natura á  marabillosa experiencia desenvolvida na Escola Infantil Municipal de Montealto,na Coruña.

Xogando coa auga, os nenos e nenas  de 3 meses a tres anos, desenvolveron competencias e habilidades ligadas á forma de traballar en ciencia como predicir, observar ou  argumentar e as educadoras crearon oportunidades para integrar modelos científicos a partir de unha estratexia de indagación dirixida, para comenzar a descubrir os cambios e os procesos de transformación na auga e na materia.

A familia é compañeira indiscutible deste proxecto, e acompañou  na casa estas pequenas investigacións .As súas aportacións complementan á escola e enriquecen coa súa achega ao proxecto.

En palabras da directora Monse Sancho « Mirar a través da ciencia é, empapar as experiencias de sentido e esixe de nós os educadores unha tarefa apaixonante de aprendizaxe

Como exemplos de actividades por bloques temáticos do Proxecto Pingados:

MESTURAS «Frota ou se afunde», «Burbullas Asombrosas», «Molla a tea», «Paraugas parauguiñas tápame as gotiñas», Tingiduras naturais»

AUGA E CALOR : «A elixir quente ou fría», «A nube na miña man», Cres que caerá?, O chafariz de auga

AUGA E MASA: «Auga no caldeiro»,»Canta auga!! ,»Gota a gota facendo un mar»,»Ola Arquímedes», «O Cambón»

 AUGA E SONS: «Pingas musicais», «Burbullas sonoras..»,»Auga que canta», «O ciclo de auga con sons», «Ondiñas veñen e van»

 MATERIA: «Estou xeada», «Burbuxeando»

XIROS E MOVEMENTO «Discos xiratorios con auga»,»Unha turbina con plumas», «Noria sinxela», «Xiran e xiran as rodas con auga»

RAMPAS: «Baixando-baixando», «A soprar a soprar», «A caída do xeo»

Para saber máis premede aquí.

 

Marcar el enlace permanente.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *