Archivo para marzo 24th, 2015

A auga como proxecto de ciencia na escola: “Proxecto Pingados”

martes, marzo 24th, 2015

O domingo celebrouse o Día Mundial da Auga, un día sinalado que nos da pé a desenvolver proxectos científicos na aula arredor dun elemento fundamental para a vida e habitual no cotidiá.

Ademáis dos recursos e artigos publicados neste blog sobre a auga, hoxe traemos a Blog Natura á  marabillosa experiencia desenvolvida na Escola Infantil Municipal de Montealto,na Coruña.

Xogando coa auga, os nenos e nenas  de 3 meses a tres anos, desenvolveron competencias e habilidades ligadas á forma de traballar en ciencia como predicir, observar ou  argumentar e as educadoras crearon oportunidades para integrar modelos científicos a partir de unha estratexia de indagación dirixida, para comenzar a descubrir os cambios e os procesos de transformación na auga e na materia.

A familia é compañeira indiscutible deste proxecto, e acompañou  na casa estas pequenas investigacións .As súas aportacións complementan á escola e enriquecen coa súa achega ao proxecto.

En palabras da directora Monse Sancho Mirar a través da ciencia é, empapar as experiencias de sentido e esixe de nós os educadores unha tarefa apaixonante de aprendizaxe.”

Como exemplos de actividades por bloques temáticos do Proxecto Pingados:

MESTURAS “Frota ou se afunde”, “Burbullas Asombrosas”, “Molla a tea”, “Paraugas parauguiñas tápame as gotiñas”, Tingiduras naturais”

AUGA E CALOR : “A elixir quente ou fría”, “A nube na miña man”, Cres que caerá?, O chafariz de auga

AUGA E MASA: “Auga no caldeiro”,”Canta auga!! ,”Gota a gota facendo un mar”,”Ola Arquímedes”, “O Cambón”

 AUGA E SONS: “Pingas musicais”, “Burbullas sonoras..”,”Auga que canta”, “O ciclo de auga con sons”, “Ondiñas veñen e van”

 MATERIA: “Estou xeada”, “Burbuxeando”

XIROS E MOVEMENTO “Discos xiratorios con auga”,”Unha turbina con plumas”, “Noria sinxela”, “Xiran e xiran as rodas con auga”

RAMPAS: “Baixando-baixando”, “A soprar a soprar”, “A caída do xeo”

Para saber máis premede aquí.

 

ojd