Archivo para marzo 10th, 2015

Día Forestal Mundial

martes, marzo 10th, 2015

O 21 de marzo, coincidindo co comenzo da primavera no Hemisferio Norte e a do outono no Hemisferio Sur, celébrase o Día Forestal Mundial , data na que a FAO nos convida a compartir a imaxe do evento  nos nosos blogs.

Como mostra da campaña deste ano compartimos o vídeo desenvolvido pola organización que reflicte a problemática que afecta á foresta mundial.

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

En España celebrarase, dentro de unha serie de eventos internacionais, unha reunión no Centro Nacional de Educación Ambiental en Segovia, co título:

De la Ordenación de Montes al Parque Nacional de la Sierra de Guadarrama: Más de Cien Años de Gestión Forestal Sostenible

Aparte das celebracións de carácter institucional, e multitude de centros educativos  realízanse  xornadas sobre a importancia dos bosques,  a súa utilidade,  o seu cuidado e sobre o perigoo que representa o lume para a conservación das árbores. Ademáis de outras actividades como a plantación de árbores.

Desde Blog Natura convidámos vos a que utilicedes os blogs como xanelas abertas de información sobre as actividades nos vosos centros e, como sempre, animámosvos a compartilo nos comentarios de Blog Natura.

Deixamos a imaxe que nos proporciona a FAO para que “inundedes” a rede coas imaxes do evento como medida de concienciación ambiental.

Por que non volver a publicar  proxectos   de anteriores  edicións do programa Voz Natura “Cambia a cor do futuro”, “Bótame unha man” , “Recicla, reforesta, recupera”   ou Reforestemos! adicados á concienciación e loita contra os incendios forestais e as súas  terribles consecuencias?

Festexemos como se merece un  evento directamente relacionado co labor do programa durante o seu longo percurso didáctico e divulgador!

ojd