Antroido en Voz Natura

A festa do Antroido é un evento importante na comunidade de blogs de Voz Natura.

Por estas datas, tódolos anos  as páxinas dos blogs de centros mostran a creatividade e imaxinación dos profesores que participan no programa a través de vídeos, experiencias didácticas, imaxes e un sinfín de actividades.

Como sempre, desde Blog Natura, imos aumentando a nosa biblioteca de recursos para o antroido, engadindo, aos recursos que xa compartimos noutros anos   novedades que aparecen na web.

1- Máscaras e caren taboeiros de Pinterest.

2- Os recursos da biblioteca de Milladoiro onde podedes atopar até receitas de carnaval.

3- Un documento compartido con ligazóns a recursos do antroido desde Casa de Tol@s.

Sen esquecer a visita obligada á web da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüísticafg , onde, como tódolos anos podemos ver as experiencias e materiais desenvolvidos en distintos centros escolares de Galicia.

Só nos queda desexarvos unha boa festa e darvos un pouco a lata desde a EEI Barrionovo cun recitado ao modo cigarróns. Para imitar o ruído das chocas,os rapaces  tunearon latas nas que gardaron pedras.

[youtube T030NGWzRCQ#action=share]

FELIZ ANTROIDO!!

Marcar como favorito enlace permanente.

2 comentarios

  1. Dende o CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez de Ourense enviamos un enlace ao noso blog onde podedes ver a comparsa que fixeron os nenos/as de infantil sobre froitas e verduras saudables, tratando así de compartir o noso proxecto con todas as actividades que se celebran no centro.
    Ademais queríamos comentar dúas cousas:
    1- Se é posible que modifiquides na entrada do día 4 de decembro de 2014 o nome do noso cole onde pon Albino Suárez debe dicir Albino Núñez. Grazas.
    2- Tamén comentar que o noso blog non figura na relación de blogs de voz natura e algúns pais/nais comentannos que dende a páxina de voz natura non poden acceder ao noso blog.
    Grazas de antemán. Un saúdo, Maite

  2. Pingback: Antroido 2016: Compartide as actividades en Blognatura | Blognatura

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *