Innova-acción no IES Illa de Arousa

Captura de pantalla 2015-02-09 a las 23.58.31

Non podemos encontrar mellor  “título /adxectivo” para as actividades que nos mostran no blog do IES Illa de Arousa “Sementando futuro”.

Como exemplo algunha das actividades:-Venres sen plástico

Os waterwatches

Concursos, charlas, horto , leitugas solidarias, e un sinfín de actividades medioambientais creativas, de emprendimento, e que atenden a todo tipo de intelixencias.

E, para destacar tamén, a motivación para os alumnos e as familias que supón a publicación de datos concretos sobre as melloras ambientais no centro que podedes ver no lateral dereito do blog.

Parabéns aos 40 alumnos voluntarios nos recreos e aos catro marabillosos profesores que son capaces de desenvolver iniciativas tan interesantes como os exemplos que vos mostramos e de “reclutar” 40 voluntarios en prol da educación ambiental

Marcar el Enlace permanente.

3 comentarios

  1. Moitas gracias por esta entrada!! Encantounos!!
    Danos moitas forzas para seguir neste camiño no que andamos, intentando inculcar valores e respeto pola terra na que vivimos!!
    Danos forzas para seguir adiante!!
    IES da Illa de Arousa

  2. Grazas polo recoñecemento ao noso traballo. Nos o que temos este ano é unha boa semente de voluntari@s e abonando un pouco xa medran solos.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *