Ficheiro da horta

Como xa comentamos en múltiples ocasións, o s blogs de Voz Natura dannos a oportunidade de poder ir creando un arquivo on line de actividades e recursos.

Nesta ocasión, traemos a Blog Natura  un excelente exemplo: O “Ficheiro da Horta” que desenvolven no colexio Compañía de María en Santiago de Compostela e que comparten connosco desde o blog “Horto Escolar da Ensinanza”.

Parabéns polo voso traballo!!

No ficheiro, os alumnos e a profesora catalogan as plantas, hortalizas, flores e árbores que teñen na horta do colexio. A modo de exemplo:


Exemplo do castiñeiro:(nome científico: castanea sativa miller )

Reino: Plantae
Clase: Anxiospermas
Orde: Fagales
Familia: Fagaceae.
Xénero: castanea
Especie: C. sativa

Unha idea pode ser crear un ficheiro en Drive e comparti-lo link no blog, a modo de catálogo on-line ou ben crear unha categoría onde iremos publicando as distintas fichas sobre as plantas do noso horto, os diferentes tipos de animais, etc.

Como mostra os deixamos este exemplo de ficheiro no que, ademáis de ter que describir e catalogar a planta ( cebola), tamén se inclúen aspectos como, estado da terra, localización do cultivo, número de plantas,  horario de grupos, etc .

Ainda que é un recurso para ESO pode fácilmente adaptarse a Primaria e Infantil. Esperamos as vosas propostas!!

Premede n imaxe para acceder ao recurso:

Captura de pantalla 2014-12-09 a las 11.53.47

 

 

 

 

Enlace para bookmark : Enlace permanente.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *