Fora plaguicidas!!

O 3 de dezembro celébrase o Día Munidal del No Uso de Plaguicidas. Unha data elexida polas más de 400 organizacións membros da PAN (Pesticide Action Network), para lembrar  aos máis de  16.000 mortos a consecuencia da catástrofe de Bophal, ocurrida na  India en 1984.

Ademáis dos accidentes graves e do dano aos ecositemas, os  plaguicidas provocan ao ano miles de problemas graves de saúde ( intoxicacións crónicas e agudas) en agricultores e consumidores ao entrar na cadea alimenticia.

Para conmemorar o día, e metidos de pleno na agricultura ecolóxica, anímovos a facer unha campaña colexial a través dos blogs para fomentar o uso de insecticidas e bactericidas naturais.

Para que os rapaces e rapazas profudizen no tema das plagas e o seu tratamento, deixámosvos un Slideshare compartido polo INTA, claro e práctico. Premede na imaxe para acceder ao recurso e non vos esquezades de compartir a vosa campaña en Blog Natura.Captura de pantalla 2014-12-01 a las 10.12.34

Enlace para bookmark : Enlace permanente.

Un comentario

  1. Dende o CEIP Profesor Albino Núñez de Ourense queremos unirnos á conmemoración do DÍA INTERNACIONAL DO NON USO DE PLAGUICIDAS. Aportamos unha pequena entrada na que refrexamos o traballo que facíamos a finais do curso pasado con “pequenas técnicas ecolóxicas” realizadas para evitar as pragas de caracois, vermes… no noso horto. Pretendíamos haber ampliado este traballo pero por circunstancias persoais non nos foi posible realizalo para esta data.
    Un saúdo, Maite.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *