Introducindo a edafoloxía na ESO a través do horto escolar

O horto escolar é un escenario excelente para iniciar aos alumnos e alumnas da ESO e Bacharelato na Edafoloxía, a rama da ciencia que estudia a composición e natureza do chan na  súa relación coas plantas e a súa contorna. Un área interdisciplinar  desde onde se poden explicar diversos fenómenos físicos, químicos e biolóxicos integrados no currículum de ciencias de estas etapas educativas.

Para axudaros a elaborar propostas no horto escolar , deixamos en Blos Natura dous sites interesantes e rigurosos onde podedes atopar recursos útiles para o voso traballo:

Edafología. net

Páxina profesional de Carlos F. Dorronsoro Fernández do catedrático xubilado do departamento de Edafoloxía e Química Agrícola da Universidade de Granada, onde atoparedes libros web, atlas, conferencias e multitude de recursos para a ESO de gran calidade.

Destacamos o Curso multimedia para o ensino dos solos, ao que podedes acceder premendo na imaxe:

curso edafoloxia

2- Curso Moodle “Programa de Edafoloxía”  da  Universidade de Extremadura. Un simple clic na imaxe e accededes a un práctico e sinxelo curso de iniciación ao estudo dos solos con prácticas extrapolables ao horto escolar:

 

edafoloxia2

Quedamos á espera das vosas propostas de aula!!

Enlace para bookmark : Enlace permanente.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *