Preparando o Samaín

Samaín,  significa  en gaélico,  fin do verán, principio do inverno. Unha data moi importante na antiga cultura céltica, especialmente a a noite do 31 de outubro.

Nesa noite, se reunían no camposanto para comer o porco do samáin co medo no corpo, pois as ánimas do outro mundo ameazaban con vin render contas aos moradores do mundo dos vivos. Para afastalas,  os guerreiros poñían nas murallas ou encastradas nas paredes as caveiras iluminadas dos enemigos mortos na batalla, que, pouco a pouco, fóronse substituindo por cabazas.

En Galicia recuperouse esta tradición desde fai más de 15 anos como Samaín, ainda que estaba implícita en tradicións como os calacús ( Rías Baixas), caveiras de melón en Cedeira, colondros en Ourense…

Para saber máis sobre o Samaín, visita Vieiros na Escola ou a fantástica páxina do CEIP de Palmeira.

Aproveitamos para deixarvos tres directorios de  recursos para o Samaín, que van deixar sen cabazas os vosos hortos ecolóxicos!!

Recursos para o Samaín de Mª Asunción García Álvarez.

Os fantásticos recursos dos nosos amigos de Peques Reboreda

Samaín  na web de Norberto

 

 

 

Enlace para bookmark : Enlace permanente.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *