Recollendo a colleita

 

Aquí están os nenos e nenas da Escola Rosalía de Castro recollendo os tomates da  horta escolar que  plantaron o pasado Xuño. A horta estivo coidada  durante o Summer Games en Xullo.

Os tomates aimentáronse de fertilizante (compost) feito polos nenos de Educación Infantil, auga e Sol e no seu blog, «Raizame»,  poderedes velos en todo o seu esplendor. Menudos tomates!!

Despois da colleita,disfrutaron dunhas torradas untadas  cunha pasta  que elaboraron mesturando tomates, aceite de oliva virxe e un chisco de sal , para  amosar hábitos alimenticios saudables.

Xa están planificando a  vindeira colleita e preparando máis compost para  volver a vivir a maxia de comer algo que se alimentou dos restos do que non comemos.

Parabéns!!

Marcar como favorito enlace permanente.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *