Sembrando ideas para un novo curso

Benvidos e benvidas a Blognatura! 

Un curso máis, o blog central do proxecto  tenta ser o espazo de intercambio   didáctico para todos os  participantes no  Programa Voz Natura, un lugar de encontro construido por todos e para todos.

O blog alberga distintos proxectos, actividades, experiencias e recursos relacionados coa Educación Ambiental desde unha perspectiva CTS e de desenvolvemento sostible, sempre baixo  a filosofía de coñecemento compartido.

Unha Comunidade de Aprendizaxe onde participa toda a comunidade educativa a través das publicacións e comentarios.

Para  publicar os vosos post en Blognatura só tedes que deixar nos comentarios dos post o link as actividades e proxectos que estades a desenvolver nas aulas ou nos centros medioambientais e, o equipo didáctico do programa, irá publicando pouco a pouco, as experiencias.

Sin esquecer a transmisión  inmediata das publicacións nas distintas redes sociais a través dos iconos que aparecen na parte inferior esquerda de cada publicación e, sobre todo,a disfusión do voso excelente traballo na páxina de Facebook do programa: www.facebook.com/voznatura

Navegando polas distintas categorías de Blognatura, podedes acceder a distintos recursos educativos e, sobre todo, comunicarvos cos profesores e alumnos dos blogs dos distintos centros e experiencias.

Para os que comenzades a andadura nos blogs, recomendámosvos que visitedes a sección Taller de Blogs onde podedes consultar dúbidas sobre o funcionamento do mesmo e lembrade que podedes enviar as vosas suxerencias e dúbidas, ao correo blognatura2012@gmail.com ou, simplemente, deixalas nos comentarios.

Para os veteranos e veteranas, só animarvos a comenzar desde hoxe a publicar. Como sabedes,  podedes utilizar a opción de programación das publicacións para ir adiantando traballo e utilizar estes primeiros días de aula para ensinar aos rapaces a publicar e comentar no blog.

Unha idea pode ser animar aos alumnos e alumnas a navegar por Blognatura para que vaian coñecendo o que se fai noutros coles e familiarizándose co sistema de blogs de Voz Natura.

Baixo o lema «Sembra ideas, recolle futuro» continuamos coa 18ª edición do Programa convidándovos a utilizar este espazo como sementeira de ideas, actividades e proxectos e repositorio de recursos e materiais  que utilicedes nas aulas para ir abonando este «horto dixital» que pretende ser Blognatura.

Como sempre, iremos alternando as publicacións dos distintos blogs que compartades experiencias con publicacións sobre novas en didáctica das ciencias, reseñas de materiais e webs de interés e conmemoracións verdes.

Comenzamos!!!

 

 

 

 

 

 

Marcar como favorito enlace permanente.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *