Vacacións para sembrar ideas e recoller futuro

O curso vai acabando pero os profesores do Programa Voz Natura como  “mariñeiros do entusiamo” que son, xa estades pensando no novo curso.

Para apoiarvos na difícil tarefa de mudar o futuro, desde BlogNatura deixamos unha serie de recursos educativos  que vos axuden a sembrar ideas,  para leer con calma no verán :

– Cartilla con recursos didácticos” La huerta Orgánica” elaborada polo programa Pro Huerta, unha iniciativa  conxunta do INTA e o   Ministerio de Desenvolvemento  Social de Arxentina.

– Unha serie de artículos sobre Agricultura campesina e prácticas tradicionais en Sudamérica para que os alumnos da ESO mergullen a fondo na realidade mundial da Agricultura Familiar.

Manual de Boas Prácticas agrícolas da FAO

– Agricultura Familiar: Enviroed4all

Recursos audiovisuais da FAO para o Ano da Agricultura Familiar.

Recursos didácticos da Rede de Hortas escolares como espacio de aprendizaxe e servicio solidario.

– Unidade didáctica “O Horto escolar ecolóxico” da VSF Justicia Alimentaria Global

– Secuencia didáctica para a ESO “Na procura da semente perdida” do portal educ.ar.

– Guía de recursos sobre Agricultura Urbana-  Hortos Urbanos- Hortos Escolares do CEIDA

Jclic “Horto Escolar” con actividades para Primaria

En resumo, unha colección de ligazóns para que as disfrutedes con calma  no período vacacional e que vos convidamos a aumentar coas vosas aportacións nos comentarios deste blog durante o verán.

Boas e felices vacacións!!

Enlace para bookmark : Enlace permanente.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *