Día Internacional da Nai Terra

[youtube D806hNr-mrk]

Máis de 1000 millóns de persoas no mundo, utilizan termos como  «Nai terra» ( Galicia) , «Pacha Mama»( Bolivia) ou Tonantzin                ( Nicaragua)  para suliñar a interdependencia existente entre os seres humanos, as demáis especies vivas e o planeta que todos habitamos.

Un lugar común,  unha nai que nos proporciona a vida e o sustento ao longo  da nosa existencia. Con este motivo,  a Asamblea Xeral da ONU , baixo a dirección do senador portugués João Mendoça, proclamou , en 1970, 0 22 de abril como o Día Internacional da Nai Terra, este ano  baixo o lema «Cidades verdes».

Máis  da mitade da población mundial vive en cidades nas que factores como o crecemento exponencial da población urbana xunto cos  efectos do cambio climático, fan urxente unha evolución «verde».  A campaña «Cidades verdes» pretende xerar un movimento a nivel mundial durante os próximos dous anos para acelerar esta transición.

Un movimento clave no colectivo Voz Natura, onde día a día se sensibiliza, ensina e actúa en prol da responsabilidade cidadana no desenvolvemento sostible do Planeta e os seus ecosistemas.

Recén chegados das vacacións de Semana Santa, animámosvos a que compartades con nos as actividades de aula.

Como actividades de exemplo:

-debates nos blogs sobre cómo deberían ser as cidades do futuro

-sobre o papel importantísimo  da horticultura urbana e periurbana na xestión sostible do desenvolvemento urbano

-propostas de mellora das áreas verdes das nosas cidades

-videoxogos nos que se crean cidades verdes

-…….

Desde a páxina Green Cities Campaign, podedes acceder a recursos e ferramentas sobre Enerxía Limpa, Transporte, Edificios Verdes, ou Cidades do Futuro.

Esperamos as vosas iniciativas para celebrar o día como se merece!!