Archivo para febrero 11th, 2014

Frente aos temporais: Practica as e-visitas con Virtual Science Hub

martes, febrero 11th, 2014

Global Excursion (Extended Curriculum for Science Infraestructure Online) é un proxecto europeo que se desenvolve nun centro emblemático para Voz Natura e Prensa Escola, o  IES David Buján (Cambre, A Coruña) .

O obxectivo xeral do proxecto é mellorar o ensino das ciencias e a cultura científica da cidadanía e ninguén mellor que os seu coordinador nacional e profesor do IES David Buján, José Viñas, para explicarnos o proxecto.

Entre as varias propostas da plataforma  Virtual Science Hub –  ViSH ,hoxe traemos a BlogNatura as e-excursións, unha alternativa interesante nestes días en que os patrulleiros de Voz Natura están pechados nas aulas polo temporal.

Viñas nos envía estes roteiros virtuais:

As  e-excursións  máis valoradas do ano 2013
e-excursión por  Doñana
  Webcam espacio cría de linces en directo
  Webcam niño de cernícalos en directo
Un excelente recurso didáctico para o ensino das ciencias que , de seguro, a comunidade de Voz Natura vai a integrar na súa práctica docente.
Grazas, José

ojd