Archivo para febrero 6th, 2014

Traballando cos códigos QR

jueves, febrero 6th, 2014

Desde a EEI Barrionovo nos convidan a comezar cos códigos QR, unha boa alternativa para  categorizar e compartir coas familias as visitas aos ríos e praias e para os nosos hortos ecolóxicos.

Unha vez finalizadas as páxinas web das fresas e das cenorias pasamos a crear un QR para cada un dos SITES.

CREANDO QR
Empregando un dos moitos programas online para este fin, pegamos onde nos indica a dirección web do noso SITE, e o programa crea un QR que xa podemos gardar ou imprimir.

CREANDO QR1

O último paso é comprobar que o QR nos leva á páxina web que queremos, así que o comprobamos na TABLET coa axuda dun programa lector destos códigos, o QR DROID.

CREANDO QR2

ojd