Archivo para noviembre 14th, 2013

Prestige: Unha catástrofe sin culpables

jueves, noviembre 14th, 2013

Onte saíu a resolución xudicial do caso Prestige, sin ningunha conclusión clara das causas e dos culpables. Por encima de vacíos legais, que deixan impune a maior traxedia mediambiental de Galicia, está unha resposta da cidadanía que, no seu momento movilizou á sociedade e deu unha lección de solidariedade ao mundo enteiro.

Os blogs de Voz Natura, convertíronse, durante aquel ano, nun monográfico do Prestige e publicáronse centos de traballos escolares e científicos. Entre eles, o de Victor Urgorri, catedrático de Zooloxía Mariña da USC e o de Antonio Figueras profesor do Instituto de Investigacións Mariñas  do CSIC de Vigo recollidos na publicación “Voz Natura, diez años de compromiso medioambiental” e que hoxe, máis que nunca, recomendamos como lectura nas aulas para responder, coas palabras da ciencia, ao que nunca máis pode voltar a acontecer.

Animámosvos a compartir as vosas  publicacións sobre o Prestige nos comentarios deste post.

 

 

 

 

ojd