Recursos sobre ríos e auga desde o Recanto de Milk

O recanto de Mik   é un magnífico blog  do CEIP Mestres Godar  en Vigo, que, como nos contan na súas páxinas,  «quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.»

Unha bitácora onde podedes atopar unha cuidada selección de recursos para Educación Primaria e Infantil  e que vos convidamos a engadir como blogroll nos vosos blogues de Voz Natura.

Julia González, mestra do CEIP déixanos nos comentarios  unha colección de recursos procedentes dun proxecto documental integrado  que traballaron o curso pasado sobre a A AUGA

No proxecto «Investigando con Milk» podemos encontrar outros traballos sobre alimentación, os xornais, os xogos olímpicos e «Coñecemos o noso Barrio».

Grazas Julia e parabéns polo excelente traballo desenvolvido. De seguro que utilizaremos os vosos recursos.