Archivo para mayo, 2013

Ultimando os preparativos

jueves, mayo 30th, 2013

Os máis pequenos levan unha semana de actividade intensa no EEI BairroNovo de Pastoriza preparando a festa do sábado.

Alí os esperamos!!

E as profes…

Até o sábado !!

Día Mundial de los Océanos

martes, mayo 28th, 2013

Y aunque nos coja un poco cansados de la fiesta de Voz Natura  y dispuestos a preparar el Día Mundial del Medio Ambiente del 5 de Junio

¿ Por qué no ir preparando alguna actividad para el 8 de junio “Dia Mundial de los Océanos”? Los tenemos muy cerca en la próxima convocatoria

Para ir abriendo boca:

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

 

Preparando a festa do 1 de xuño

jueves, mayo 23rd, 2013

Actividades, recollida de premios, exposicións.. para entrar con toda a conciencia no Día Mundial do Medio Ambiente o 5 de xuño.

Vos esperamos na festa da XVI edición do Programa Voz Natura como peche do curso 2012-2013. Descárgade aquí o listado completo de actividades   .

Un día no que a comunidade bloguera de Voz Natura se ve cara  a cara. Alí estaremos!!

E para ir abrindo boca:

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

 

Día Internacional de la Diversidad Biológica

miércoles, mayo 22nd, 2013

“La biodiversidad y los servicios de los ecosistemas son fundamentales para materializar la visión den mundo con seguridad hídrica. […] Antes la atención se centraba en la disyuntiva entre el uso del agua y la biodiversidad. Sin embargo, hoy estamos empezando a entender que la biodiversidad y la seguridad hídrica se refuerzan mutuamente.»

Este extracto del mensaje de  Ban Ki-moon, Secretario General de Naciones Unidas, resume el contexto en el que se celebra esta onomástica que este año gira alrededor del tema: “Agua y diversidad”, un lema directamente relacionado con el objetivo del programa Voz Natura para el curso próximo.
Como siempre, os invitamos a compartir vuestras experiencias y, para poder compartir con la comunidad Voz Natura, os animamos a dejar en los comentarios de este post un link con vuestros trabajos sobre este tema.

Homenaxeando a Bolaño

jueves, mayo 16th, 2013

Ola a todos e todas:

No Día das Letras Galegas: Que mellor proposta pra homenaxear a Vidal Bolaño que compartir unha obra de teatro mediambiental en galego?

Sabemos que moitos de vós as tedes feito, así que.. A COMPARTILA!!!

E de paso, podedes deixar nos comentarios deste post as actividades que fixéchedes para o Día das Letras Galegas 2013 para compartir coa comunidade de Voz Natura.

Desde o blogue guía  conmemoramos cantando  o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro que, ademáis da súa mensaxe reivindicativa como poema cívico-social, tamén ten unha connotación medioambiental que sempre podemoss aproveitar nas aulas:

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Esperamos as vosas aportacións!!

 

Concurso de Vídeos Voz Natura:¿Qué has hecho este curso por el medio ambiente?

lunes, mayo 13th, 2013

¿ Qué mejor forma de compartir experiencias  que un vídeo de lo que habéis hecho durante el curso?

Abierto a todos los participantes ( pertenezcan o no al programa Voz Natura), se abre el Concurso de Vídeos Voz Natura: ¿ Qué has hecho este curso por el medio ambiente?

Desde la página del concurso en  Voz Natura  o en el muro de Facebook podéis ver las bases del concurso. Tan simple para nosotros como enviar lo que ya habéis publicado en los blogs y abierto a todos los centros para abrir el abanico de experiencias.

Los trabajos podrán ser un montaje resumen de todas las acciones realizadas estos meses, una grabación de una actividad puntual, con imágenes o presentaciones de fotografías , libros digitales… y  el proceso es sencillísimo:

  1. Subimos el vídeo a YouTube o Vimeo
  2. Entramos en la pestaña “Concurso de vídeos” de la página de Facebook de Voz Natura y enviamos el vídeo a través del formulario habilitado a tal efecto (copiando la dirección donde está alojado el vídeo y rellenando los campos solicitados)
  3. LISTO!!

El jurado está constituido por todos los amigos de Facebook de Voz Natura, desde donde podrán votar a sus vídeos preferidos.

El autor/a  del vídeo ganador se llevará un lote de aventura formado por dos bicicletas de montaña (adulto y junior), un saco de dormir y una mochila de senderismo, que recogerá en el transcurso de la Fiesta Fin de Curso del próximo 1 de junio.

A qué esperáis? ¡¡¡ El plazo acaba el 21 de mayo !!!!

 

 

Electric Car

jueves, mayo 9th, 2013

Despois do visionado do vídeo Electric Car

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

, os nosos finalistas de EEI Bairronovo contrsuiron o seu particular Electric Car con materiais de refugallo. Nos deixedes de felicitalos no seu blog “Territorio sostible”

Parabéns compartidos

lunes, mayo 6th, 2013

Hoxe fíxose pública o premio ao mellor blog desta edición de Voz Natura, unha tarefa difícil polas excelentes aportacións  dos “blogfesor@s” desta comunidade virtual onde 233 bitácoras  escriben e comparten experiencias en educación ambiental.
Animámosvos a felicitar desde estas páxinas ao blog “ Do pedernal á fusión” do CPI  de Panxón unha bitácora fruto do intenso labor coordinada por Pastora Astray que alberga unha extensa e rigurosa colección de recursos e actividades centradas na educación enerxética e na sostibilidade e que reflicte unha coordinación óptima entre departamentos  de distintas áreas.

Un traballo interdisciplinar  e xenerosa que compartiron publicando con asiduidade e abrindo as portas das súas aulas ao resto da comunidade de blogues.

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

GRAZAS!!!! E grazas tamén ao resto de escolas participantes .

Non esquezades que ainda falta moito tempo para terminar o curso e temos moitas cousas que compartir!!

 

 

No CEIP Neira Vilas inspeccionan o río de Peiteiros

sábado, mayo 4th, 2013

 

Un río é unha aula aberta á investigación.

Un lugar onde se poden desenvolver múltiples actividades de indagación e investigación que axuden ao alumnado a  construir modelos  dos seres vivos e comprender o ecosistema que os rodea e os peligros aos que está sometido. Si ademáis engadimos a parte fisicoquímica   a través da análise da auga, a experiencia e completísima.

Así nolo  demostran no blog do CEP “Xosé Neira Vilas” de Peteiros, onde, ademáis de aprender conceptos e procedimentos propios da ciencia e de desenvolver habilidades  científicas, os rapaces traballaron a fondo en tres competencias básicas:a competencia de iniciativa persoal, a social e ciudadana e a matemática.

Así nolo contan!!

 

O alumnado e profesorado de 5º e 6º fomos facer unha inspección polo río de Peitieiros para comprobar o estado da auga e mais observar a fauna e flora que hai ao seu redor.

Polo camiño xa vimos varias plantas invasoras como a herba tintureira, pasto mel, herba da Pampa… e vimos unhas árbores queimadas. Este verán houbo varios incendios no concello de Gondomar. Cando chegamos ao río distribuímonos por equipos e fomos analizando todo o que había: plantas, árbores, bichiños… Tamén observamos as construcións como pontellas, muros… Chamounos a atención os fentos reais, son moi bonitos. Tamén vimos outras plantas invasoras. As árbores que máis abundan son carballos, loureiros, castiñeiros, bidueiros…

Aproveitamos para recoller o lixo que fomos atopando. Enchemos unha bolsa!

Ao chegar a un punto paramos para inspeccionar a auga. Alí fixemos medicións da temperatura, por certo estaba bastante fría, entre 15 e 16 graos. Comprobamos a velocidade da auga, a transparencia, o ph e mais a cantidade de osíxeno. Pero o máis emocionante foi cando os profes recolleron cun ganapán auga e restos do fondo para ver os “bichiños”. Cada equipo foi comprobando coas lupas e atopamos cantidade de macroinvertebrados como plecópteros, tricópteros, megalópteros… Tamén vimos zapateiros, ras, lesmas…

Ao acabar a inspección fomos comer o bocata e despois para o cole. Alí puxemos en común os datos recollidos e comprobamos que o estado do río é bastante bo. Esperemos que continúe. Nós estaremos atentos e atentas para que non se contamine.

Podedes ver maís fotos nesta Galería de imaxes.

 Que máis se pode pedir? Parabéns pola iniciativa!!

Desde Blog Natura convicamos aos profesores e alumnos do centro a deixarnos nos comentarios deste post anécdotas e impresións da visita!!

Rincón Voz Natura: Unha interesante proposta desde o CPI de Sada

jueves, mayo 2nd, 2013

No blog Custodia do territorio e biodiversidade do CPI de Sada e os seus contornos, lévannos deleitando durante todo o curso cos mosaicos do Rincón Voz Natura da súa biblioteca.

O álbum de cromos “Custodiamos a biodiversidade da natureza de As Mariñas”, deseñado pola Fundación Fragas do Mandeo coa colaboración do ilustrador Carlos Silvar, repatiuse a todas nenas e nenos do centro. Os cromos vanse entregando na biblioteca cada vez que se retira un libro de lectura e a idea e que profesores e alumno cheguen aos 30 cromos.

Paralelamente, cada mes se publica un panel con un tema definido.

Decembro: A costa, a praia e as marismas

Xaneiro: Os ríos e o bosque de ribeira

Febreiro: Brañas, lagoas e encoros

Marzo: Saída para coñecer  a Dona, a mascota da Fragas do Mandeo

Abril: O Mosaico Rural

Xa estamos desexando ver o de Maio!!! Parabéns pola iniciativa.

 

ojd