Bookcrossing virtual no Día do Libro

O 23 de abril celébrase o Día Internacional  do Libro e dos Dereitos de Autor.

Nesta edición,  56 museos e centros de arte de toda España compartirán a experiencia de bookcrossing ou campaña de liberación de libros, coa pretensión de inundar as cidades con volumes procedentes da bolsa de duplicados das súas respectivas bibliotecas.Concretamente en Galicia  participarán catro museos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria -as bibliotecas do Museo das Peregrinacións e de Santiago, o Centro Galego de Arte Contemporánea, o Museo Etnolóxico de Ribadavia (Ourense) e o Museo de Belas Artes da Coruña.

E si nos sumamos a esta iniciativa nos centros Voz Natura compartindo virtualmente nos comentarios de este post recomendacións sobre literatura mediambiental?

Comezamos en BlogNatura co libro que publicou a Fundación Santiago Rey Latorre coincidindo co décimo aniversario de Voz Natura. Un tesouro que hai que sacar dos estantes de cando en vez  para disfrutar coñecendo os temas más destacados que  afectan e teñen afectado  aos ecosistemas galegos e a contribución que os centros Voz Natura veñen  realizado en cada campo.

E vos.. Qué lecturas suxerides?

 

Enlace para bookmark : Enlace permanente.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *