Exposición no CEIP Agro do Muiño

«Anovar o Agro» , convivindo con libros e plantas, é o blog do CEIP Agro do Muiño , unha comunidade educativa que achega a conciencia ambiental desde as primeiras edades aos nenos e nenas de Ortoño e a zona de Ames.

Entre as múltiples actividades que desenvolven, veñen de publicar un vídeo no que se mostra o traballo  realizado polos alumnos e a súas familias baixo a filosofía das 3R ( Reducir, Reciclar, Reutilizar).Briks, palliñas, rolos de papel e latas convertíronse  en instrumentos musicais , decorativos e funcionais coordinados polo de man do excelente equipo educativo do centro e as familias.Unha verdadeira experiencia de comunidade de aprendizaxe en educación ambiental.

De seguro que non tedes visto paus de chuvia, potes, muiños , alfombras e todo o que poidamos imaxinar como os que no mostran no vídeo «Entre todos podemos:reutilízame»

 

[youtube d55mf2-Q8oU]

Parabéns polo traballo!!

 Para saber maís:

 

Marcar como favorito enlace permanente.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *