“Anovar o Agro” , convivindo con libros e plantas, é o blog do CEIP Agro do Muiño , unha comunidade educativa que achega a conciencia ambiental desde as primeiras edades aos nenos e nenas de Ortoño e a zona de Ames.
Entre as múltiples actividades que desenvolven, veñen de publicar un vídeo no que se mostra o traballo realizado polos alumnos e a súas familias baixo a filosofía das 3R ( Reducir, Reciclar, Reutilizar).Briks, palliñas, rolos de papel e latas convertíronse en instrumentos musicais , decorativos e funcionais coordinados polo de man do excelente equipo educativo do centro e as familias.Unha verdadeira experiencia de comunidade de aprendizaxe en educación ambiental.
De seguro que non tedes visto paus de chuvia, potes, muiños , alfombras e todo o que poidamos imaxinar como os que no mostran no vídeo “Entre todos podemos:reutilízame”
embedded by Embedded Video
YouTube Direkt
Parabéns polo traballo!!
Para saber maís: